ÍndiceNavegación

índex català     marzo - abril  n° 47

Olga NovoGalicia, mujeres poetas (V)

Olga Novo

 

Nace en 1975 en la aldea lucense de Vilarmao (Pobra do Brollón). Licenciada en Filología gallego-portuguesa, actualmente es profesora de lengua y literatura gallegas en la Universidad de Rennes, en la alta Bretaña. Ha colaborado en numerosos medios y publicaciones literarias especializadas como Unión Libre. Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura o Ínsula, entre otras. Como poeta, se dá a conocer a través de revistas como Clave Orión, Ólisbos, Festa da palabra silenciada o Dorna. En 1996 publica su primer poemario, A teta sobre o sol (Ed. Do Dragón; 2ª ed. Letras de Cal, 1999). Con su segundo libro, Nós nus (Xerais, 1996), es galardonada con el premio Losada Diéguez de Creación. En 2001 se publica el libro de artista Magnalia (Ed. Espiral Maior), en el que colabora con el también poeta Juan Abeleira y la pintora Alexandra Domínguez. Su última obra poética es A cousa vermella (Espiral Maior, 2004).
Su obra ha sido recogida en antologías como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003), entre otras.
Como estudiosa de la literatura ha publicado los libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999) y, de próxima aparición, Uxío Novoneyra. Lingua loaira.
Para contactar con la autora: olganovo@mundo-r.com

_______________________________

a teta sobre o sol

aquilo era a maduración final de toda a miña lava
e a entoación rotunda dos meus cantos de nena
a absoluta forza coa que tiraba polo carro
recibindo o alento dos beizos doutra vaca.
bailar en maio exactamente igual que se rebentaras uvas
deixarte alimentar beber coma quen vive
o leite derradeiro
saíndo dunha teta disposta sobre o sol.

A teta sobre o sol (1996)


la teta sobre el sol

aquello era la maduración de toda mi lava
y la entonación rotunda de mis cantos de niña
la absoluta fuerza con la que tiraba por el carro
recibiendo el aliento de los labios de otra vaca.
bailar en mayo exactamente igual que si reventaras uvas
dejarte alimentar beber como quien vive
la leche última
saliendo de una teta dispuesta sobre el sol.

A teta sobre o sol (1996)


______________________________________
 
 
os líquidos íntimos
 
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas,
cando xa non se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras
que non se dirixen a ningunha parte,
sóbenme ás paredes desde as que te vexo,
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.
e case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena.
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

Nós nus (1997)

los líquidos íntimos

con mi piel puedes hacer injertos en los manzanos.
algunos conservan estirados los nombres que grabé a navajazos
todas las tardes al volver de la escuela.
acostumbrada a tirar por un poema como por un ternero
cuando se le ven las patas,
cuando ya no se está en edad de crecer
toda maduración requiere un desgarro de tendones
entonces es cuando corren por mi pecho rebaños de cabras
que no se dirigen a ninguna parte,
me suben a las paredes desde las que te veo,
arrancan con la lengua el pasto mientras te vas.
el tacto de tus violines me hace llorar terriblemente.
y casi no puedo soportar que tus manos me acaricien
como la lana de los jerseys que me hacía mi madre cuando era niña.
pero con mi piel
con mi piel puedes hacer injertos en los manzanos.

Nós nus (1997)


_________________________________________________
 
 
ESTA SERÁ NA MORTE
A MIÑA ÚLTIMA PALABRA:
QUÉN ME DERA SER GATA
PARA VIVIRTE SETE VECES.

Nós nus, 1997.

ÉSTA SERÁ EN LA MUERTE
MI ÚLTIMA PALABRA:
QUIÉN ME DIERA SER GATA
PARA VIVIRTE SIETE VECES.
 

Nós nus, 1997

_________________________________________________
 


29 de xaneiro do 2002.

Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.

une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer.
trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo a ladrar.
marcar un nunca territorio coa epiglote
coma un cadelo coma un can de palleiro
escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.

estou aprendendo a ladrar.
póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e
tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón
a miña gorxa esprémese de dor
e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan esbombar as veas
coma unha pota de leite na lareira.

os ollos do meu amor levan dentro
o troupeleo dos chocallos uncontrautro uncontrautro
da novena sinfonía de Gustav Mahler
mamá.

e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa
pero eu non e aquí
é o intre da furia can
escoito con atención a campá de cris
tal dos teus soños incumpridos
coma unha escultura delicada de Brancusi
de Cons tan tín Brancusi.

unha vez e outra vez o corazón grandísimo
igual ca unha cerrota andoa o outono es ti ou ou ou loba
velaquí me tés bailando berrando choutando
unha mestra gutural un volcanciño gutural
coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf.

eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das mans
ata que deran luz
e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino
cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois
contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do mundo
a túa lingua plantígrada mamá
podería mesmo reestructurarche a osamenta
co implante dunha canción anarquista.

ás veces sinto a dor sedimentándose
lámina
por
lámina
coma a pizarra:
é un esguince emocional chantado na caluga
e para ladrar así ás veces é preciso chorar iodo
abrir os xeonllos cunha gadaña ata ver o sol tan preto
a tres centímetros do iris
mamá
eu tiña que mamar da túa médula
asombrar o mundo cando che baixa a compaixón ás caries
e ós peitos
caídos
co cansazo.

para poder ladrar eu tería que rillar durante anos
a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos
a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue
tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e
apretar a meixela para non tronzar a lingua
coa súa tuberculose                                      mamaíña.

ben sei eu que para poder ladrar
tería que ir contigo á miña infancia
e verme case morrer deshidratada
e pregarlle á virxe na que non cres
que me devolvera á vida de tres meses e medio
e soldarme no teu colo para sempre
coma unha peza de ferro do teu ventre.

non penses que non sei que para poder ladrar
tería que ir contigo ás derradeiras horas
da mamá Carmiña agarrada ás catro puntas do seu pano
e ó teu bazo.

ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.

Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.

alguén me ve abríndome a queixada ata que a fendo e digo xa
xa ladro ou coma o can non non
coma Camille Claudel coma Camille Claudel coma Camille Claudel
coma Camille mamá no mármore
coma Camille
coma Walt Whitman Walter Benjamin vou mamá
vou deica ti
vou eu vou
outa
outa
ouh...

A cousa vermella (2004)

29 de enero del 2002.

Querida mamá: estoy aprendiendo a ladrar.

une saison en enfer. repite conmigo Une-Saison-En-Enfer.
mis treinta generaciones analfabetas Yo estoy aprendiendo a ladrar.
marcar un nunca territorio con la epiglotis
como un can como una perra cualquiera
emperrarme hasta volver en mí en can entonces pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.

estoy aprendiendo a ladrar.
me pongo de culo al sol me agarro a una azada e
intento imitar el canto del cuco del cuco de culo al sol entonces
mi garganta se exprime de dolor
y aúllan como nunca los futuros posibles que nos abomban las venas
como un cazo de leche vertiéndose en el fuego.

los ojos de mi amor llevan dentro
el tintineo de los cencerros unocontraotro unocontraotro
de la novena sinfonía de Gustav Mahler
mamá.

y yo te miro a los ojos a los ojitos estás tan cansada
pero yo no y aquí
es el momento de la furia can
escucho con atención la campana de cris
tal de tus sueños incumplidos
como una escultura delicada de Brancusi
de Cons tan tín Brancusi.

una vez y otra vez el corazón tan grande
como una seta enorme el otoño eres tú auh auh auh loba
aquí me tienes bailando gritando saltando
una maestra gutural un volcancito gutural
como Virginia Woolf como Virginia Woolf como Virginia Woolf.

te miro las manos podría lamerte las cicatrices de las manos
hasta que dieran luz
y curarte las hernias discales con un solo verso alejandrino
con una sílaba de centeno crudo con un oh-là-là y después después
contar una por una tus canas enraizadas en las edades del mundo
tu lengua plantígrada mamá
podría incluso reestructurarte la osamenta
con el implante de una canción anarquista.

a veces siento el dolor sedimentándose
lámina
por
lámina
como la pizarra:
es un esguince emocional clavado en la nuca
y para ladrar así a veces es preciso llorar yodo
sajarme las rodillas con una guadaña hasta ver el sol tan cerca
a tres centímetros del iris
mamá
yo tenía que mamar de tu médula
asombrar al mundo cuando te baja la compasión a las caries
y a los pechos
caídos
de cansancio.

para poder ladrar yo tendría que roer durante años
tu alergia al polen a los vilanos de los chopos
tu anemia circulando en sentido inverso por la sangre
tendría que ir contigo a enterrar a tu hermano de veintisiete años y
apretar la mandíbula para no partirme la lengua
con su tuberculosis                                              mamaíta.

sé muy bien que para poder ladrar
tendría que ir contigo a mi infancia
y verme a punto de morir deshidratada
y rogarle a la virgen en la que no crees
que me devolviese a la vida de tres meses y medio
y soldarme en tu regazo para siempre
como una pieza de hierro de tu vientre.
no pienses que no sé que para poder ladrar
tendría que ir contigo a las últimas horas
de la abuela Carmen agarrada a las cuatro puntas de su pañuelo
y a tu bazo.

yo sé muy bien sé todo
que para aprender este ladrido
al fin hicieron falta
mil mujeres lavando sin cesar en el río de Saá
y mil arando y dos mil cosiendo y cinco mil
recogiendo leños y raíces en mitad del monte y Tú
sobre todo tú plantando pinos en una sierra inmensa
desaprendiendo cuanto eres
agujereando tus dudas.

Querida mamá: estoy aprendiendo a ladrar.

alguien me ve abriéndome la mandíbula hasta hendirla y digo ya
ya ladro ouh como el perro no no
como Camille Claudel como Camille Claudel como Camille Claudel
como Camille mamá en el mármol
como Camille
como Walt Whitman Walter Benjamin voy mamá
voy hacia ti
voy yo voy
alta
alta
auh...

A cousa vermella (2004)
 

______________________________________________________
 
 
INTERPRETACIÓN LIBRE DAS GNOSIENNES
PARA NINA
 

Lent

 
agora escoito cómo rompes a falar
no medio da primeira Gnosienne de Erik Satie
e case me fas chorar véndote comer pan duro e lardo só
bebendo a chuvia a bocanadas
... o tempo circundaba
detíase nos bucles do teu pelo de primeira comuñón
cheíño de piollos e néboa pecha.
seguramente fuches o primeiro que vin
e parecíchesme un paxaro deses que viven na Camarga
e fan niños nas rosas
(soporto mal este primeiro tempo do poema esta dureza
a convicción de te querer máis que a min mesma)
máis aló dos panos que retirabas de min cheos de pis
e de palabras
cal é o mecanismo a roda que retorna trinta anos para atrás a vida
e se detén no intre en que me aprendes a escribir a letra «e»
que eu tornaba en espiral sen fin:
eu quería escribir unha letra un signo que non acabe nunca
só ti
un ser cabalar
unha noción cabalística un lí mi te levándome ó carrelo
porque xa estou tan cansa de andar de andar
co meu vestido de mazaíñas e cos zapatos da festa brancos
olendo a canfort polo infinito adiante

pas vite    pas vite.

Avec étonnement


t
ropecei contigo nesta franxa do tempo e do espacio
eu
biquei os teus dedos un
por un:
estou no medio do soño dos pexegos de Akira Kurosawa
e síntome completamente feliz.

Lent

Johannes Cernota interpreta un pregue da túa vida
que tal vez nin recordas
estou ardendo e ninguén ten tanta pel sobre o seu corpo.
pido máis lentitude
un harmónico que chegue a triturarme as pestanas
máis
despacio

o nó que me ennobela toda a gorxa ten a cor indescifrable
dunha manta de cadros que teciches
e os corenta graos de inclinación do teu espírito de nena de cinco anos
sobre o fregadeiro.

escoita isto e di se non son as flores da erdeira abrollando
fíxate ben: a túa bondade fai exactamente ese ruído.
 

Lent, sans presser


existe unha fonte a trescentros metros de profundidade
ó sur do Mont Ventoux
que ti non viches nunca e sen embargo

se viras qué idéntica es a un mínimo seixo que esvara desde o cume
e por amor ó ar se precipita á auga
sabendo que afondará para sempre...

é coma cando velabas o meu sono, ¿acórdaste?
e ós oito anos aforrabas tres pesetas para mercar
unha cousa fermosísima pra min
que aínda case non falaba:

unha posibilidade entre dez millóns
de eliminar cun asubío a certeza dunha tristeza rigorosa
en forma de trebón
pero ti es así.

 

Moderato, souple et expresif

nunca che dixen que cando me peiteabas
os cabelos que sen querer me arrincabas
marcaban na caída un tempo musical extraordinario.

que cando me dabas de comer
o mundo
de repente
xiraba cara a algún plan de paz.

que cando me calmabas o pranto
chegabas ata as frebas que me medraban dentro
e tíñate comigo desde a mañá á noite.

que os quistes que nacían no teu peito
eran restos de masa estelar.
non chores, anda
este quinto movemento só era pra dicirche
que quería escribir unha letra
un signo que non acabe nunca
e darcho.

como me dabas ti as lambetadas á chegada da escola
a tortilla francesa da merenda a túa respiración
se fixera falla.
só era para que a xeada non se che meta nos dedos este inverno
cando vaias buscar garabullos á memoria
e facer lume con eles para que eu non pase frío.

só era que eu quería escribir unha letra
un signo que non acabe nunca nunca
e darcho.

Avec conviction e avec une tristesse rigoureuse


A cousa vermella (2004)

 
INTERPRETACIÓN LIBRE DE LAS GNOSIENNES
PARA NINA
 

Lent


ahora escucho cómo rompes a hablar
en medio de la primera Gnosienne de Erik Satie
y casi me haces llorar viéndote comer pan duro y lardo sólo
bebiendo la lluvia a bocanadas
… el tiempo circundaba
se detenía en los bucles de tu pelo de primera comunión
cargado de piojos y niebla densa.

seguramente fuiste lo primero que vi
y te tomé por un pájaro de esos que viven en la Camarga
y hacen nidos en las rosas
(soporto mal este primer tiempo del poema esta dureza
la convicción de quererte más que a mí misma)

más allá de los paños que retirabas de mí llenos de meos
y de palabras
cuál es el mecanismo la rueda que retorna veinte años atrás la vida
y se detiene en el momento en que me enseñas a escribir la letra "e"
que yo convertía en una espiral sin fin:
yo quería escribir una letra un signo que no acabe nunca
sólo tú
un ser caballar
una noción cabalística un lí mi te llevándome a cuestas
porque estoy tan cansada de andar de andar
con mi vestido de manzanitas y los zapatos de fiesta blancos
oliendo a canfort por el infinito adelante
                                                           pas vite pas vite
 

Avec étonnement

me encontré contigo en esta franja del tiempo y del espacio
yo
besé tus dedos uno
a uno:
estoy en medio del sueño de los melocotones de Akira Kurosawa
mirándote hasta dentro de tres muertes
y me siento completamente feliz.

Lent

Johannes Cernota interpreta un pliegue de tu vida
que tal vez ni recuerdas
estoy ardiendo y nadie tiene tanta piel sobre su cuerpo.
pido más lentitud
un harmónico que llegue a triturarme las pestañas
en el momento en que parte un tren y no te veo ya
más
despacio

el nudo que me ovilla la garganta tiene el color indescifrable
de una manta de cuadros que tejiste
y los cuarenta grados de inclinación de tu espíritu de niña de cinco años
sobre el fregadero.

escucha esto y di si no son las flores del cerezo brotando
fíjate bien: tu bondad hace exactamente ese ruido.

Lent, sans presser

existe una fuente a trescientos metros de profundidad
al sur del Mont Ventoux
que tú no has visto nunca y sin embargo
si vieses qué idéntica eres a ese pequeño guijarro que cae desde la cumbre

y por amor al aire se precipita al agua
sabiendo que se hundirá para siempre…

es como cuando velabas mi sueño, ¿te acuerdas?
y a los ocho años ahorrabas tres pesetas para comprar
una cosa hermosísima para mí
que aún casi no hablaba:

una posibilidad entre diez millones
de eliminar con un silbido la certeza de una tristeza rigurosa
en forma de tormenta

pero tú eres así.

Moderato, souple et expresif

nunca te dije que cuando me peinabas
los cabellos que sin querer me arrancabas
marcaban en la caída un tiempo musical extraordinario.

que cuando me dabas de comer
el mundo
de repente
giraba hacia algún plan de paz.

que cuando me calmabas el llanto
llegabas hasta las hebras que me crecían dentro
y que te llevaba conmigo desde la mañana a la noche.

que los quistes que nacían en tu pecho
eran restos de masa estelar.

no llores, anda
este quinto movimiento sólo era para decirte
que quería escribir una letra
un signo que no acabe nunca
y dártelo.

como me dabas tú las golosinas a la llegada de la escuela
la tortilla francesa en la merienda tu respiración
si hiciera falta.
sólo era para que la helada no se te meta en los dedos este invierno
cuando vayas a buscar leña a la memoria
y enciendas un fuego para que yo no pase frío.

sólo era que quería escribir una letra
un signo que no acabe nunca nunca
y dártelo.

Avec conviction e avec une tristesse rigoureuse

____________________________________

 A idea da beleza

F       O       D       E       R

Fóra.
Fóra tribo.
… Se bailaras comigo
habías de comer o saber
cru
a impalabra do meu carácter montañés
bárbaro
e voitral
habías de beber os ouriños benditos por belce

come

come
tú.
A foránea levo nunha lingua anticrista unha flor unha flor unha flor
tan aberta
que pensa
…se bailaras comigo
ata partirme o espiñazo e facer dúas de min
meu ben
se me viras ben
ven
e baila comigo.

Vivín coa boca seca coma o deserto de Dakar
ata tocar
a punta infinitesimal dos meus mexos
marqués
marqués da nada
só señor da miña vaxina noite inmensa papila gustativa do mundo
vulva perfuradísima
botón da tierra
antilei da gravitación universal.

O centro da terra non atrae as miñas verbas
eu douchas de comer na túa ansia coprófila
esta excrementación silábica esta apalabración
que me inflama os intestinos
cheos de amor
e merda.

A idea da beleza
cruzando o celo cara o sur
na migración das aves
describe a curva depravada
o grao máis alto
de poesía pura
caendo coma a suor polos teus poros
abertos que son
buratos negros
e unha cousa preciosa da astrofísica.

A idea da beleza migra no teu cuspe
esa substancia que rompe a barreira do son
sobre min
podemos
Foder
ata romper a paus o espírito de Deus
podemos
Foder ata sentir o cu da noite
onde ninguén viu as patas dunha garza
anunciar a luz do día
Foder
ata arrasar as cordilleiras da miseria
podemos
Foder
ata caer
sentir o crac do cromosoma do poder
podemos
Foder ata tocar a nosa soedade co teu prepucio só
Foder
nos
ata o final
asa ver a morte curvándose na derradeira postura do pracer
Foder
ata
Foder
e xa non ser
máis
cá sombra dunha dimensión fodendo a catro patas
no borde do universo
ti e eu
Fodendo de xeonllos
na noite estrelada da mente de Platón
pensando
quizáis
na idea da beleza.

(inédito)

 
La idea de la belleza

J       O       D        E       R

Fuera.
Fuera tribu.
… Si bailaras conmigo
habrías de comer el saber
crudo
la impalabra de mi carácter montañés
bárbaro
y buitral
habrías de beber la orina bendita por belce

come

come
tú.
La foránea llevo en una lengua anticrista una flor una flor una flor
tan abierta
que piensa
…si bailaras conmigo
hasta partirme el espinazo y hacer dos de mí
mi bien
si me vieras bien
ven
y baila conmigo.

He vivido con la boca seca como el desierto de Dakar
hasta tocar
la punta infinitesimal de mi meada
marqués
marqués de la nada
solo señor de mi vagina noche inmensa papila gustativa del mundo
vulva perforadísima
botón de la tierra
antiley de la gravitación universal.

El centro de la tierra no atrae mis palabras
te las doy de comer en tu ansia coprófila
esta excrementación silábica esta apalabración
que me inflama los intestinos
llenos de amor
y mierda.

La idea de la belleza
cruzando el cielo hacia el sur
en la migración de las aves
describe la curva depravada
el grado más alto
de poesía pura
cayendo como el sudor por tus poros
abiertos que son
agujeros negros
y una cosa preciosa de la astrofísica.

La idea de la belleza migra en tu saliva
esa sustancia que rompe la barrera del sonido
sobre mí
podemos
Joder
hasta romper a palos el espíritu de Dios
podemos
Joder hasta sentir el culo de la noche
donde nadie ha visto las patas de una garza
anunciar la luz del día
Joder
hasta arrasar las cordilleras de la miseria
podemos
Joder
hasta caer
sentir el crac del cromosoma del poder
podemos
Joder hasta tocar nuestra soledad con tu prepucio solo
Joder
nos
hasta el final
hasta ver la muerte curvándose en la última postura del placer
Joder
hasta
Joder
y ya no ser
más
que la sombra de una dimensión jodiendo a cuatro patas
en el borde del universo
tú y yo
Jodiendo de rodillas
en la noche estrellada de la mente de Platón
pensando
quizás
en la idea de la belleza.

(inédito)


__________________________________________

© Ó Olga Novo, 2005
Ó de la versión al castellano: Xoán Abeleira y Olga Novo
Ó de la fotografía: Xoán Abeleira
Para contactar con la autora: olganovo@mundo-r.com

Véase en números anteriores la serie completa de "Galicia, mujeres poetas":

Chus Pato y Maria do Cebreiro (TBR 43)
Emma Couceiro y Cristal Méndez (TBR 44)
Marta Dacosta y Estíbaliz Espinosa (TBR 45)
Ana Romaní (TBR 46)
Olga Novo (TBR 47)

Este texto no puede reproducirse ni archivarse sin permiso del autor y/o The Barcelona Review. Rogamos lean las condiciones de uso.

navegación:    

marzo - abril  n° 47

Narrativa

Roberto Aliaga:Transparentes
El editor:
Crónica de un magnate

...cuatro cuentos de nuestro archivo...
Robert-Juan Cantavella
Primero es capaz de comunicarse con el espíritu de los pianos

Los cuatro ladrillos
Santiago Vaquera-Vásquez
Juntas caminan por el bosque de su soledad

Bajo el mismo cielo de siempre

Entrevista

Fernando Ampuero
"Todos mis personajes siempre están violando los diez mandamientos"

Ensayo

Antonio Enrique Ruiz Palomar:
La oralidad en la literatura universal

Poesía

Galicia, mujeres poetas (V)
Olga Novo

Notas de actualidad

Presentación de Los hermanos de la costa

Reseñas

SITGES 2004:
37 FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE CATALUNYA

Instal.lacions (amb i sense pronoms) Nicole Brossard
El vano ayer Isaac Rosa
El lector de Bagdad Jabbar Yassin Hussin

Secciones fijas

-Reseñas
-Breves críticas (en inglés)
-Ediciones anteriores
-Envío de textos
-Audio
-Enlaces (Links)

www.BarcelonaReview.com  índice | inglés | catalán | francés | audio | e-m@il